BONOS-RIANXO

Organiza: Concello de Rianxo (, Ver sus eventos )

 

Esta iniciativa do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) ten como obxectivo incentivar o consumo nos establecementos minoristas para a venda de produtos e oferta de servizos reforzando a competitividade do sector. Conta con 15.000 euros para a emisión de 500 paquetes de bonos, os cales poderán empregarse ata o 30 de xuño de 2022, rematada esta data os bonos non trocados caducarán.

Whatsapp de asistencia técnica na compra e uso de bonos: 644692643

Bases completas da campaña

Bonos RIANXO:

  1. Cada lote de bonos terá un valor de 30€ que irán fraccionados en 2 bonos de 10€ e 2 de 5€. Os bonos de 10€ poderán descontarse en compras iguais ou superiores a 30€ e os bonos de 5€ en compras iguais ou superiores a 15€ nos establecementos adheridos a esta convocatoria.
  2. Só poderán solicitar bonos as persoas maiores de idade cun límite máximo dun lote de bonos por persoa.
  3. O importe de cada lote de bonos poderá gastarse nunha única transacción ou fraccionadamente segundo as condicións indicadas no punto 1.
  4. No caso de que se produza unha devolución do produto, o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, non sendo posible a devolución en efectivo.
  5. A persoa titular do bono poderá trocalo no momento da compra que reúna os requisitos para iso mediante a exhibición do seu DNI. A factura da compra debe reflectir o desconto.

 

INFORMACIÓN SOBRE OS BONOS:

REQUISITOS:

Terán a condición de beneficiarias as persoas físicas maiores de idade que cumpran cos seguintes requisitos:

  1. Realizar as actuacións previstas na solicitude dos bonos.
  2. Tramitar as súas solicitudes de acordo co establecido nas bases da convocatoria.
  3. Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. 
  4. Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias coa facenda estatal, autonómica e a do Concello de Rianxo e coa Seguridade Social.
  5. Para acreditar o cumprimento dos requisitos previstos nos puntos 3 e 4, deberán cumprimentar a declaración responsable que está dispoñible durante o proceso de solicitude dos bonos. 

SOLICITUDE DOS BONOS:

A solicitude dos bonos deberá realizarse de forma telemática a través do formulario habilitado nesta mesma sección da web da ARE, indicando a seguinte información: 

  1. Nome e apelidos.
  2. DNI ou NIE. 
  3. Localidade de residencia (código postal).
  4. Número de teléfono móbil.
  5. Correo electrónico.
  6. Declaración responsable da veracidade dos datos indicados e de cumprir co esixido nos requisitos indicados nestas bases.

O rexistro e a descarga dos bonos suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme ao Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais de garantía dos dereitos dixitais, da cal serán informados convenientemente.

Reservarase unha parte dos bonos para poñelos a disposición, en formato físico, de persoas maiores e/ou con dificultades para acceder aos bonos virtuais. As persoas que vaian solicitar estes bonos físicos deberán autorizar expresamente aos encargados da súa distribución para que realicen os trámites necesarios.

 

LISTA DE ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS Á CAMPAÑA:

ALIMENTACÍON

  • ULTRAMARINOS CASA SOTO. Xens, 44. Araño

  • HERBODIETÉTICA CHAIRA. Rúa Consistorio Vello, 5 Baixo

  • SUPERMERCADO QUENXO – CLAUDIO. Rúa Setefogas, 11B

BAZAR 

  • EUROPUNTO. Rúa Roxelio Pérez, 5 Baixo B

CAMPO 

  • AGROIKOS. Poste, 20. Taragoña

CONFECCIÓNS/ MODA/ COMPLEMENTOS 

  • COSTURAS PARA SOÑAR. Rúa Roxelio Pérez, 4 Baixo Dereita 

  • PASARELA BOUTIQUE. Paseo da Ribeira, s/n 

ELECTRODOMÉSTICOS/ MOBLERÍA 

  • CENOR ROT. Rúa Faustino Rey Romero, nº 3 Baixo

  • E. VARELA E HIJOS. SL. Rúa Arcos Moldes, 4 Baixo

  • O CÉSAR. Rianxiño, 255 

FARMACIA/ ÓPTICA  

  • FARMACIA PRADA. Praza Rafael Dieste, 6 

  • FARMACIA CERQUEIRAS. Rúa Irmáns Ínsua, 23 B 

  • FARMACIA JAVALOY. Virxe de Guadalupe Bloque 1 Local B 

  • FARMACIA ÓPTICA LOJO. Atalaia, 80. Asados

  • ÓPTICA RIANXO. Rúa do Medio, 40

  • CENTRO ÓPTICO GRELA. Rúa de abaixo, 2 Baixo

FERRAXERÍA/ CONSTRUCCIÓN 

  • FERRAXERÍA AURORA. Atalaia, 22. Asados 

  • MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN Y FERRETERÍA VIDAL RAMOS, S.L.. Xens, 25. Araño 

FISIOTERAPIA  

  • BERSO FISIOTERAPIA. Rúa Rexelio Pérez, 14 Baixo Izq

FOTOGRAFÍA  

  • SIGUIENDO TUS PASOS. Carballeira, 48

INFORMÁTICA  

  • BEEP RIANXO. Rúa Roxelio Pérez, 4 Baixo

LIBRARÍA  

  • LIBRERÍA CÁNDIDO. Rúa do Medio, 1 

  • LIBRERÍA BEN. Rúa Faustino Rey Romero, 7 Baixo 

  • LIBRERÍA XACOBIÑO. Atalaia, 30. Asados 

MANUALIDADES/ REGALO 

  • ACUARELA. Rúa de Abaixo, 19

MERCERÍA  

  • PAQUETERÍA MAOR. Campo de Pazos, 1. Taragoña 

  • MERCERÍA PUNTHADAS. Atalaia, 47. Asados

MODA INFANTIL 

  • NENIS MODA INFANTIL E PUERICULTURA. Rúa Roxelio Pérez, 7

PERRUQUERÍA 

  • PELUQUERÍA PELOS. Atalaia, 47. Asados 

  • PELUQUERÍA ANA. Ourolo, 70. Taragoña 

  • PELUQUERÍA CARMEN VIDAL. Xens, 25. Araño
  • OBEL. Rúa Faustino Rey Romero, 7 Baixo

  • ARIES. Rúa Fincheira, 33

  • BOLBORETA. Pazo, 43 Baixo 

XOIERÍA  

  • JOYERÍA BRAVO. Paseo da Ribeira, 61 Bajo

ZAPATERÍA 

  • ZAPATERÍAS MARTY. Rúa de Abaixo, 27

DOCES 

  • GOLOSINAS PICARIÑOS. Rúa Portiño, 9